Fondo cabecera Concello de Quiroga
Inicio » Accesibilidade

Accesibilidade

Os formatos da páxina

O portal do concello formatouse empregando XHTML 1.0 para a marcaxe de contidos e as follas de estilo CSS 2 para o deseño visual.

Os estilos utilizados construíronse seguindo as recomendacións do Consorcio W3C (World Wide Web Consortium). Foron comprobados mediante a ferramenta de validación do código CSS, proporcionada polo consorcio, e no resultado da análise non se obtivo erro ningún.

Para a presentación do portal utilizáronse soamente etiquetas de estilo que son recoñecidas pola maioría dos navegadores máis usados actualmente (Internet Explorer versións 6, 7 e 8, Mozilla Firefox, Chrome ou Opera).


Como modificar o tamaño dos textos e o da pantalla

Actualmente case todos os navegadores ofrecen opcións para aumentar ou diminuír o tamaño do texto e a función “zoom” para achegar ou afastar os contidos (auméntase/redúcese toda a páxina, non só o texto). Deste xeito os usuarios e as usuarias que así o necesitaren poden controlar a lectura dos contidos e adaptala ás súas necesidades.

.Internet Explorer 8

No menú “Ver-Tamaño de texto”, ou ben dende as opcións de “Páxina-Tamaño de texto”, situadas na barra de opcións na marxe dereita, pódese seleccionar o tamaño da tipografía sen variar o ancho da páxina. Non presenta desbordamento horizontal.

A través da combinación das teclas “Ctrl e +” ou “Ctrl e -” aumenta o tamaño do visualizado na pantalla (efecto zoom). A combinación das teclas “Ctrl e 0” presenta a información no seu tamaño orixinal.

.Internet Explorer 7

Ofrece as mesmas alternativas que a versión 8, aínda que unicamente presenta a posibilidade de aumentar ou reducir o tamaño da tipografía ou realizar “zoom” na páxina dende a opción de menú “Páxina”, situada na marxe dereita da xanela do navegador. (Opcións “Zoom” e “Tamaño de texto”).

A combinación das teclas “Ctrl e +” ou “Crtl e -” aumenta ou diminúe a información en pantalla.
“Ctrl e 0” devolve a pantalla ao tamaño orixinal.

.Mozilla Firefox

A través do menú “Ver”, ao seleccionar “Tamaño”, existen dúas opcións para achegar ou afastar a pantalla. A combinación das teclas “Ctrl e +” ou “Crtl e -” realiza a mesma acción.

Se se marca a opción “Só ampliar texto”, estas funcións, tanto se se usa o teclado como a través do menú, só aumentarán o tamaño da tipografía, sen alterar o ancho xeral da páxina, evitando o desbordamento lateral. A combinación das teclas “Ctrl e 0” devolve a pantalla ao tamaño orixinal.

.Opera 10

Ao pulsar as teclas “+ e -” auméntase en modo “zoom” a pantalla, aínda que presenta problemas de desbordamento horizontal que dificultan a lectura.

Se se marca a opción “Axustar en anchura”, no menú “Ver”, e pulsando as teclas “+ e -” auméntase ou redúcese o tamaño do texto sen modificar o ancho da xanela.

.Safari

A combinación das teclas “Ctrl +/Ctrl -/Ctrl 0” realiza a función “zoom”.
Para aumentar ou reducir textos en menú “Zoom” cómpre marcar a opción “Achegar/Afastar só texto” e usar as combinacións anteriores.


Os atallos do teclado nos distintos navegadores

Os atallos do teclado consisten nunha serie de teclas ás que, a través do código interno da web, se lles asignou unha función para acceder a determinadas seccións do portal que facilita así a navegación dalgúns usuarios e usuarias con discapacidades.

Descríbense a continuación estes atallos definidos:

Tecla 0 - Logo do concello

Tecla 1 - Navegación superior (Inicio, Accesibilidade, Axuda, Mapa web...)

Tecla 2 - Buscador

Tecla 3 - Zona menú intermedio (Caixa do correo do cidadán e Tramitación en liña)

Tecla 4 - Menú principal (O Concello, Servizos Municipais, Turismo e Novas

Tecla 5 - Contidos

Tecla 6 - Faragullas

Tecla 7 - Personalizados por páxina visitada

Tecla 8 - Personalizados por páxina visitada

Tecla 9 - Pé

Dependendo do seu navegador, os atallos arriba indicados actívanse ao combinárense con outras teclas do teclado. Para acceder ás seccións faise da seguinte forma:

.Internet Explorer, Google Chrome e Safari: “Alt + Atallo”, segundo o tipo de función deberá seguidamente pulsar a tecla “Intro”.

.Firefox: “Alt + Maiúsculas + Atallo”.

.Opera: “Maiúsculas + Esc”, aparece axuda en pantalla e hai que soltar as teclas e pulsar o atallo.


Nota importante: para activar os atallos do teclado recoméndase utilizar a numeración que se atopa sobre as teclas das letras xa que, nalgúns casos, o uso do teclado numérico—situado no lateral dereito—pode activar outras funcións do navegador.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Quiroga
Concello de Quiroga
C/ Real N°52 – 27320 Quiroga - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 428 001 / 636 698 440 | Fax: 982 428 808
E-mail: concello.quiroga@eidolocal.es